Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

PP e AER forzan a creación dunha comisión para investigar as obras de acceso á praia de Rande

pleno

O debate en torno a construción dunha rampla para dotar de accesibilidade a este areal de Rande puxeron de manifesto no pleno de onte non só as supostas irregularidades cometidas nesa obra, rematada hai ano e medio, senón a mala sintonía entre os que foran socios de goberno e agora están claramente enfrontados: PSOE e AER. Con todo, e malia as dúbidas en torno a legalidade de poñer en marcha unha comisión de investigación “figura que non existe no ámbito local” segundo explicou a propia secretaria municipal, a proposta saíu adiante cos votos a favor dos Populares e os edís da agrupación de electores.

Unha proposta que chegaba a pleno da man destes dous grupos políticos que conxuntamente solicitaban a creación dunha comisión de investigación sobre as obras de acceso a praia de Rande que se terían realizado “en medio de múltiples irregularidades” como seren adxudicadas sen ter as autorizacións necesarias ou comezar a realizarse cando non estaba pechado o procedemento de contratación da empresa que debería realizar os traballos.

Carmen Amoedo, PP

A este feito súmase que na data sinalada, o concelleiro de Medio Mariño justificó e asinou unha obra para a que non tiña competencias. dado que esas competencias serían da Concellería de Medio Ambiente “a quen se lle ocultou esa contratación”. Precisamente neste feito centraba as súas críticas o edil de AER e ex concelleiro de medio ambiente, Roberto Villar.

Roberto Villar, AER

Na súa intervención salientaba a socialista María Castro que a obra en cuestión databa de maio de 2020 “polo que non entendemos que o edil de AER se lembre agora de que quen asinou a obra non era quen tiña competencia”. Entende a concelleira que a Agrupación de Electores busca este tipo de polémica dentro da “política de revancha” que están a desenvovler e demostran que “non estabas capacitados para gobernar”.

María Castro, PSOE

Os nacionalistas amosaban a súa sorpresa porque fora o PP quen denunciara estas supostas irregularidades “cando foi o seu goberno o que cometeu auténticas barbaridades na praia de Cesantes con muros e valados moi prexudiciais para ese areal” e rexeitaban unha comisión de investigación “que non existe no regulamento municipal”. Pedían que a propostas se retirara “para darlle seriedade ao que se debate nos plenos e que nos ocupemos de propostas que servan para mellorar a vida dos cidadáns e non por unha obra de está feita dende hai ano e medio”.

Xoán Carlos González, BNG

PP e AER fixeron valer a súa maioría ante un goberno local en minoría e sacaron adiante a proposta de poñer en marcha unha comisión sen competencias, xa que se trataría dun órgano consultivo e sen efectos resolutivos. O BNG deixou claro que non estarán presentes en dita comisión.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará