Hoxe é Domingo 5 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto benéfico “Pequenos músicos solidarios”

pequenos músicos

O Conservatorio de Música Victor Ureña de Redondela organiza o venres 3 de Decembro, no Auditorio do Multiusos da Xunqueira ás 19:00 horas, un concerto benéfico a favor da ONG redondelá “Da man”. No concerto participarán alumnos de diferentes especialidades e agrupacións instrumentais do Conservatorio como a Chouque Big Band.

A Organización Galega polo Desenvolvemento “Da man”, (institución sen ánimo de lucro) centra a súa actividade solidaria en Senegal, levando a cabo diversos proxectos no ámbito educativo e sanitario fundamentalmente. Para colaborar na compra de medicinas e na posta en marcha dunha escola en Senegal organízase este evento que xa ten a disposición dos interesados en acudir como público as súas entradas na oficina do centro. Nesta ocasión os tickets van asociados a un donativo de 5€ ,os cales serán integramente para a ONG “Da man”.

No caso de non poder asistir o concerto, tamén poden colaborar coa causa nunha Fila 0, na mesma oficina do centro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará