Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A redondelá Patricia Costa recolle este venres o “I Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético”

patricia costas

A xornalista, especializada en xénero, recibirá o premio no acto institucional que terá lugar o venres 26 de novembro, no auditorio do Multiúsos da Xunqueira. Un galardón que quere recoñecer os traballos xornalísticos nos que se aborden temas relacionados coa violencias machista fuxindo de sensacionalismos e coidando a intimidade das vítimas e as persoas sobreviventes máis vulnerables.

A xornalista Patricia Costa (Redondela, 1981), especialista en xénero e medios de comunicación, vén de ser galardoada co ‘I Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no tratamento da Violencia Machista’.

A gala de entrega do premio terá lugar no auditorio do multiúsos da Xunqueira hoxe venres, 26 de novembro, ás 20 horas nun acto que contará coa presenza da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva; a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas e concelleiras e concelleiros da Corporación Municipal redondelá. A xornalista e escritora Ledicia Costas será a encargada de presentar a gala que contará, amais, coa actuación musical de Zeltia.

O ‘I Premio Sesé Mateo de Xornalismo Ético no Tratamento da Violencia Machista’, convocado en setembro, está dotado con 1.500 euros en metálico e estaba aberto a traballos de diferentes xéneros xornalísticos sen límite de extensión e publicados en medios de comunicación entre o 1 de setembro de 2020 e o 31 de agosto de 2021. Patricia Costa recibirá o galardón por unha reportaxe sobre o funcionamento da ferramenta Viogén dende a Unidade de Atención á Familia e Muller de Leganés (Madrid), emitido no programa Tolerancia Cero de Radio 5 o 25 de xuño de 2021, un espazo pioneiro na loita contra a violencia machista.

A resposta á convocatoria desta primeira edición do Premio Sesé Mateo de Ética Xornalística, que nace con vocación de continuidade, foi cualificada pola concelleira de Igualdade, Iria Vilaboa, como “todo un éxito” presentándose un total de 10 traballos chegados de todo o Estado.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará