Hoxe é Martes 19 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os funcionarios de Redondela reducen media hora a súa xornada laboral

concello

Goberno local e sindicatos aprobaron unha redución de 30 minutos ao día que entrará en vigor en xaneiro de 2022 e que suporá que a xornada laboral dos funcionarios de Redondela pase a ser de 32,5 horas semanais (fronte as 35 que fan actualmente). Outras acordos adoptados polo Comité de empresa e a xunta de persoal supoñen a creación dun complemento de produtividade de 25.000 euros anuais e un complemento de dispoñibilidade de 75 euros semanais.

A negociación entre Sindicatos e goberno local deu como resultado unha serie de acordos que segundo a CIG “veñen mellorar substancialmente a situación do persoal de todos os departamento”.

Entre os acordos acadados destaca o establecemento da xornada normal en 32,5 horas semanais –media hora diaria menos- a partir do vindeiro ano.

A representación sindical da CIG cualifica de histórico un acordo no que se “recoñecen dereitos laborais até o de agora nunca contemplados, como pode ser o complemento de dispoñibilidade”. Os sindicatos destacan que o acordo inclúe unha mellora substancial para todos os traballadores (co recoñecemento do complemento de festividade, nocturnidade, complemento de productividade,  así  como  o  mencionado  de  dispoñibilidade). O goberno comprométese asdemais a iniciar de  forma inminente o proceso de funcionarización.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará