Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Festival solidario a favor de Unicef

bailemos por los peques

O Multiúsos da Xunqueira acolle este sábado 20, en dous pases ás 11:00 e ás 17:00 horas unha nova edición do evento Bailemos todos polos peques organizado pola asociación Piyopi co obxecto de recadar fondos para apoiar programas de auga, hixiene e saneamento de Unicef.

Subiranse ao escenario nenos e nenas representantes de dezaseis academias de danza de toda Galicia e Portugal nun espectáculo que conta coa colaboración do Concello. As entradas, a un prezo/donativo de 5 euros, estarán a venda previamente nas academias participantes e o mesmo día do evento na billeteiras unha hora antes do inicio de cada espectáculo.

Danelí González

Unhas actuacións nas que haberá diferentes estilos de baile: Danza clásica, contemporánea, baile moderno, hip-hop ou mesmo tangos.

Como novidade desta edición propoñen a creación dunha cápsula do tempo na que os participantes gardarán os dereitos pendentes de acadar que é preciso cumprir para garantir o dereito a saúde, a educación e a protección que deben ter todos os nenos e nenas. Unha cápsula que se abrirá no ano 2030 co obxectivo de comprobar se nesta década se cumpren os desexos e compromisos para a infancia.

Cos fondos conseguidos nesta edición, Unicef seguirá mellorando as condicións de auga, hixiene e saneamento nos país onde máis se necesita, mediante a construción de puntos de auga e letrinas separadas por sexos, a creación dun entorno protector tanto na comunidade como nos centros de saúde e escolares.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará