Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O músico redondelán Alejo Amoedo, Premio da Crítica 2021

premio alejo

O xurado da Fundación celebrou en Vigo a entrega dos galardóns da 44 edición e da do ano pasado, que non se fixo pola pandemia. Entre os galardoados atopamos tamén ao xornalista e escritor Xesús Fraga, o festival de cómic Viñetas desde o Atlántico, a académica Margarita Ledo, investigadores como Miguel Anxo Seixas, pintores como Manuel Ayaso, a revista de teatro Erregueté ou Queixerías Airas Moniz

Un dos galardoados foi o pianista redondelán Alejo Amoedo de quen o xurado salientou a súa actividade concertística continuada ao longo do ano, así como as súas colaboracións periodísticas de difusión da nosa historia musical en Faro de Vigo e en Nós diario, actividades que son unha mostra da súa longa traxectoria como dinamizador de posta en valor da patrimonio musical galego.

Amoedo agradecía a través das redes un galardón do que dixo “non sei se son merecente pero que cada día da miña vida está dedicada a música e os músicos galegos e un feito, e así seguirá sendo mentres a cabeciña e o corpo me deixen” Lembraba tamén ao resto dos nominados na mesma categoría “calquera dos finalistas podía ter acadado o premio, a miña admiración para eles: Susana Seivane, Abraham Cupeiro e Treixadura. Agradecía tamén aos membros da Fundación dos Premios Da Crítica Galicia por facer posible esta edición.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará