Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arealonga a través do tempo nun panel situado no paseo marítimo de Chapela

arealonga

A instalación recolle imaxes recompiladas por Gonzalo Mencía no libro “Chapela, de onte a hoxe” e permite facer un percorrido dos cambios urbanísticos que modificaron a personalidade do lugar.

O Concello de Redondela vén de instalar un panel no paseo marítimo de Arealonga que recolle parte da memoria fotográfica desta zona de Chapela. A foto central, da autoría de Pacheco, retrata a paisaxe mariñeira e, ao seu arredor, se incluíron outras fotografías coas que se busca recuperar a memoria e a tradición marítima de Chapela.
Logo de sufrir cambios urbanísticos –uns con máis acerto que outros– que transformaron a súa personalidade, este panel permite, entre outras cousas, observar os cambios producidos e comparar, por exemplo, a praia de Arealonga como era antes e como é agora.
As fotografías que forman parte deste panel están recollidas no libro de Gonzalo Mencía Chapela, de onte a hoxe, que o Concello de Redondela vén de reeditar tras esgotarse a primeira edición feita hai varios anos.
O libro será presentado na biblioteca Xela Arias de Chapela o vindeiro mércores, 10 de novembro ás 19 horas, nun acto no que estará presente o autor da obra, Gonzalo Mencía, e a alcaldesa e concelleira de Normalización Lingüística, Digna Rivas quen fixo fincapé na importancia que ten “a difusión de todos aqueles traballos que permitan afondar no coñecemento sobre as nosas parroquias e a súa historia”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará