Hoxe é Mércores 17 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente pon en marcha dous novos centros de compostaxe comunitaria en Redondela e Chapela

compos

As novas instalacións, ubicadas ao carón do Multiusos da Xunqueira no centro da vila e na Avenida de Vigo en Chapela (fronte ao Bar Nando) súmanse ao composteiro comunitario que dende hai anos funciona na zona do Salgueiral. Co gallo de promover a compostaxe comunitaria a Concellería de Medio Ambiente reparte hoxe e mañá mostras de compost e os técnicos informarán sobre as vantaxes desta práctica como alternativa á xestión tradicional de residuos.

Durante a mañá de hoxe o resparto de compost será en Chapela dende as 09:00 ás 13:30 horas no composteiro comunitario situado na Avenida de Vigo e en Redondela o 4 de novembro de 9:00 a 13:30 no composteiro situado no Paseo da Xunqueira.

A compostaxe comunitaria permite, entre outras cousas, que poidan participar na reciclaxe de re-siduos orgánicos domésticos. Os composteiros comunitarios poñéranse en funcionamento a partir do 8 de novembro tanto en Chapela como en Redondela. Tamén están a disposición dos veciños os composteiros domésticos individuais na nave de vías e obras, ata o 5 de novembro.

Trátase, explica Alberto Álvarez, de ofrecer á cidadanía todas as ferramentas que precisan para “ben de xeito individual ou comunitario, realizar un cambio de tendencia no tratamento tradicional do lixo orgánicos conseguindo, a cambio, un abono de primeira calidade e contribuíndo a unha re-dución dos residuos sólidos urbanos”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará