Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Resultados desiguais no balonmán local

SarLuceros

División Honra Prata Feminina

BM Camargo 22-21 SAR Rodavigo

A SAR Rodavigo regresa de Cantabria de baleiro. Unha boa primeira parte das de Redondela permitía soñar (descanso, 10-14). No inicio do segundo tempo, a tónica era a mesma, a SAR mandaba pero o Balonmán Camargo empezaba a dar signos de recuperación, e gol a gol foi recortando a vantaxe até empatar o partido no minuto 45 (17-17). A falta de 3 minutos de finalizar o encontro o marcador reflectía un 22-18. As de Verónica non tiraron a toalla e seguiron apertando co seu xogo até reducir a diferenza a un só gol, pero o resultado final foi de vitoria local (22-21). Na próxima xornada reciben na Bombonera ao Balonmán Xixón.

Primeira Nacional

SAR 30-23 Luceros

Segunda vitoria para a SAR a conta dun correúdo Luceros que, malia non levar nunca a iniciativa no marcador, sempre estivo a apertar. A renda de 4 goles adquirida nos primeiros 30 minutos foi recortada a dous goles polo equipo do Morrazo a falta de 8 minutos, pero final épico da SAR en ataque permitiu ampliar a renda a 7 tantos. Resultado final: 30-23. A semana que vén teñen un difícil desprazamento á Coruña, onde visitan ao OAR. O sábado ás 20.00 horas

Rodosa Chapela 28-30 Forbe Reconquista

Os de Chapela traballaron de principio a fin, e tiveron opcións ata os últimos minutos do partido, pero finalmente o Reconquista fíxose co triunfo, terceiro consecutivo para os vigueses. Na próxima xornada o Luceros será o rival do Rodosa. A cita é o sábado ás 12.30 no municipal do Gatañal.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará