Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Polémica pola empresa contratada para a construción da pista de padel de Soutomaior

contrucción padel

Unha empresa de Sarria propiedade dunha ex-concelleira e voceira do PP de Sarria beneficiaria dun contrato directo de 39.995.90 euros en Soutomaior. A actuación está só 4 euros por debaixo do máximo legal que obrigaría a realizar outro tipo de contrato que, segundo o BNG, “imposibilitaría adxudicar a dedo e permitiría que outras empresas locais puidesen optar a esa obra”.                                                 

O BNG de Soutomaior, preguntou no último pleno do mes de Setembro, pola contratación directa por parte do Alcalde, Agustin Reguera, dun arquitecto de Lugo e dunha empresa de Sarria para unha obra de cuberta de pistas deportivas.  Esta empresa é propiedade do marido dunha Ex-Concelleira de Sarria que xa estivo no pasado incursa en procedementos xudiciais por irregularidades e estafas en outras obras, aínda que a causa foi sobreseída.

O portavoz do BNG, Manu Lourenzo, sinalou que chama a atención que para o alcalde non haxa arquitectos nin empresas no concello nin na contorna para adxudicar unha obra de case 40.000 euros. Curiosa maneira de defender ás empresas de proximidade para este tipo de obras cando Agustín Reguera adxudica de maneira directa a unha empresa que está en Sarria, a case 200 km e que ademais está relacionada con cargos do PP.

Esta adxudicación está a tan só 4.10 € do máximo legal e polo tanto, de se superar esta cifra, para adxudicar a obra habería que pasar a ser outro tipo de contrato, que imposibilitaría adxudicar “a dedo” e permitiría que outras empresas locais puidesen optar a esa obra.                                                 

Pero por se isto non fose dabondo, Lourenzo tamén preguntou no pleno por que esta empresa relacionada co PP, pode incumprir os prazos de execución sen que pase nada. A obra tiña que estar acabada en agosto e case nin se iniciou sen que teñamos xustificación algunha. “Non entendemos o por que desta permisividade do alcalde , que só beneficia á empresa e prexudica aos veciños de Soutomaior” concluíu.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará