Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Arranca o programa “Mulleres en rede” para fomentar o empoderamento da muller no rural

obradoiros

A Concellería de Igualdade retoma este programa que estaba previsto se iniciara en marzo do 2020 e que foi suspendido ao entrar en vigor o estado de alarma. O programa consta de cinco sesións e arranca este martes no Centro Cultural A Miñoteira en Ventosela. Está previsto que percorra todas as parroquias de Redondela.

“Buscar o empoderamento da muller no medio rural como medio para acadar unha igualade real, entre homes e mulleres”. Así define a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, o programa Mulleres en rede, unha actividade participativa e interactiva posta en marcha pola Concellería de Igualdade e que, en marzo de 2020 a poucos días do seu inicio, tivo que ser aprazado pola entrada en vigor do estado de alarma decretado por mor da pandemia da Covid.

O programa, que comezará este vindeiro martes, 5 de outubro ás 17 horas, no Centro Cultural A Miñoteira de Ventosela coa primeira das cinco sesións das que consta a iniciativa, posteriormente desenvolverese por todas e cada unha das parroquias redondelás.

Mulleres en Rede é, fundamentalmente, un obradoiro interactivo e de participación. Comezará cunha xornada de convivencia na que, logo da presentación do proxecto e dos seus obxectivos e de presentación das participantes, pasarase á elaboración dun ‘mural colaborativo’, un papel continuo en branco no que baixo o título A discriminación das mulleres no ámbito rural estas expresarán as súas reflexións, tanto individuais como en grupo, sobre temas como poden ser as discriminacións de trato que sofren as mulleres rurais con respecto ás mulleres das cidades.

Mulleres en Rede supón “poñer sobre a mesa os problemas específicos que en materia de igualdade afectan ás mulleres do noso rural e difiren bastante das situacións ás que se teñen que enfrontar aquelas que viven nas cidades” explicou a concelleira de Igualdade Iria Vilaboa.

Obradoiros para prevención da Violencia de Xénero

O proxecto Mulleres en Rede tamén poñerá en marcha unha serie de obradoiros para a prevención da Violencia de Xénero que constan de tres módulos:

MÓDULO I: Introdución da perspectiva de xénero e interseccional con especial atención as mulleres rurais.

MÓDULO II: A violencia de xénero e as súas manifestacións

MÓCULO III Prevención e mecanismos de protección ante as violencias de xénero: a figura da mediadora en violencia de xénero

Todas e cada unha das actividades de Mulleres en Rede, insiste a concelleira de Igualdade, “están pensadas como iniciativas dinámicas, de participación, de intercambio de experiencias e de propostas das participantes, os mellores xeitos para ir dando pasos cara a igualdade e á xustiza social”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará