Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Amfiv proclámase campión da Copa Galicia en Redondela

amfiv

O Iberconsa Amfiv segue sumando éxitos antes do comezo da competición oficial. O equipo vigués obtivo onte un claro triunfo na final da Copa Galicia fronte ao Abeconsa Basketmi Ferrol (85-57), disputada onte no pavillón da Marisma en Redondela. O equipo ferrolán aguantou os dous primeiros cuartos para chegar ao descanso cun punto de desvantaxe (30-29). Na segunda parte o Amfiv foi moi superior ao Abeconsa, que sumou 28 puntos por 55 dos vigueses, e o Amfiv impuxo finalmente a súa superioridade. O Basketmi Ferrol, que o ano pasado conseguiu o ascenso a División de Honra do baloncesto en cadeira de rodas, decidiu finalmente renunciar á praza. O Amfiv comeza a liga o sábado 9 de outubro en Vigo contra o CD Ilunion.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará