Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Solicitan que se amplie a sanción “irrisoria” imposta a Naturgy pola agresión ao Verdugo

río

Os deputados nacionalistas Manu Lourenzo e Luís Bará levarán ao Parlamento galego a sanción “irrisoria” de 7.000 euros que a Xunta da Galiza impuxo á empresa Naturgy por unha nova agresión ao río Verdugo, consistente nunha modificación do caudal ecolóxico que someteu o ecosistema do Verdugo a unha seca forzada pola falla de caudal.

A seca afectou ao caudal do río Verdugo, poñendo en risco a subsistencia da fauna e flora do río. Por este motivo, os parlamentarios do BNG presentaron unha iniciativa para revisar e ampliar a sanción a Naturgy, ademais de establecer un marco legal más restritivo para este tipo de actuacións lesivas co medio ambiente.

“Trátase dunha sanción irrisoria”, explica Manuel Lourenzo, facendose eco de colectivos ambientalistas como Ecoloxistas en Acción. “Esta sanción foi catalogada incomprensibelmente como leve, non está sustentada en ningún informe de Augas e podería ser tipificada como infracción grave segundo o Regulamento do Dominio Público Hidráulico”, comparten os nacionalistas e a asociación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará