Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela acolle a Copa Galicia de Baloncesto en cadeira de rodas

CopaGalicia

O pavillón da Marisma acolle este mércores día 29 a Copa Galicia de Baloncesto en cadeira de rodas. Pelexarán polo título o Abeconsa Basketmi de Ferrol e o Iberconsa Amfiv de Vigo. Agustín Alejos, xogador do Amfiv, recoñece que é “un pracer” xogar este trofeo en Redondela porque “é como facelo na casa”. O deportista vigués, que recentemente participou nos Xogos Paralímpicos de Tokio, confía en que a cita sexa tamén un escaparate para o deporte adaptado na comarca.

Agustín Alejos, xogador do Iberconsa Amfiv

Equipos mixtos como o Amfiv permiten tamén dar visibilidade ás mulleres no deporte adaptado, como explica María Luísa Chirinos, unha das xogadoras do equipo vigués

María Luísa Chirinos, unha das xogadoras do equipo vigués

A secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado, Susana García, explica que escolleron Redondela para esta cita “pola boa disposición do Concello e o feito de contar cun pavillón adaptado ás necesidades dos xogadores e que cumpre con todos os requisitos”. En canto á situación do baloncesto en cadeira de rodas en Galicia salientou “o excelente nivel” da comunidade e o feito de contar con dous equipos na 1ª e 2ª división da Liga Nacional de BCR.

Susana García, secretaria da Federación Galega de Deporte Adaptado

Para a alcaldesa Digna Rivas é “unha honra” que a Federación escolla Redondela para unha competición deste nivel, e sinalaba que o Concello ten sempre “as portas abertas” para colaborar neste tipo de eventos.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

A cita é mañá mércores ás 20.00 horas no pavillón municipal da Marisma, con aforo limitado e cumprindo co protocolo Covid establecido. Na presentación, celebrada onte en Redondela, participaron José Manuel Freire, coordinador de Deportes da Xunta de Galicia, os xogadores do Amfiv Agustín Alejos, Fabián Daniel Romo e María Luísa Chirinos, a alcaldesa Digna Rivas, a secretaria da FGDA Susana García, o concelleiro de Deportes Ignacio González e o director técnico da Federación Domingo Salinas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará