Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Contacontos na biblioteca de Soutomaior dentro do programa Ler conta moito!

contacontos

A primeira cita deste programa terá lugar este mércores 29 de setembro ás 18.00 h na Biblioteca Municipal co contacontos “Historias da Marquesa” a cargo da compañía Pavís Pavós. Dirixida a nenos e nenas de 4 a 12 anos e público familiar. Un espectáculo no que se conta a historia dunha marquesa moi viaxeira que se aventura nun mar de experiencias….Entrada de balde ata completar aforo.

Charo Pita será a protagonista da actividade organizada para o mércores día 6 co contacontos Mirando o Ceo. Un título que fai referencia a como na antigüidade a xente se orientaba mirando o ceo e, para lembrar o lugar que ocupaba unha estrela, inventábanlle unha historia. Unha proposta orientada e nenos e nenas de 5 a 12 anos.

O mércores 20  chega a biblioteca Ender’s game, un obradoiro orientado a maiores de 12 anos baseado na novela O xogo de ender. Neste obradoiro farase unha descrición do libro, da súa mensaxe e do seu ambiente e despois crearanse instrumentos electrónicos tipo alarma láser e marcadores lasertag para facer un xogo de estratexia.

Pechara o programa Contos do Mundo, unha proposta que pretende achegar as nenas e nenos outras culturas e realidades diferentes. Está destinado este contacontos a rapazada de entre 5 e 10 anos.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará