Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Incerteza dos hostaleiros ante o novo protocolo da Xunta de cara a setembro

CafedaVila

A decisión da xunta de poñer en mancha un novo plan de ocupación a comezos de setembro crea inseguridade nun sector que se sente maltratado polos continuos atrancos que tivo que superar dende o inicio da pandemia para poder desenvolver a súa actividade. Confían en que a Xunta acolla as súas demandas que pasan, entre outras, por permitir abrir as barras ou incrementar aforos.

Dende a Federación de Hostalaría de Pontevedra insisten en que o cambio srotocolos non é de por si necesariamente negativo “pero non ten sentido que se vaia a máis restrición ou un maior control cando a situación xeral tende a mellorar”.

Beatriz Carballido, Xerente da Federación de hostalaría de Pontevedra

Así o entende a súa xerente, Beatriz Carballido á hora de valorar o protocolo que actualmente está negociando a Xunta e que contempla que o nivel de ocupación dos locais de hostalaría non dependa da situación epidemiolóxica de cada concello, senón das medidas que adopte cada establecemento en relación a ventilación, limpeza ou separación entre mesas. “Medidas que maioritariamente xa están implementadas e que nalgúns casos son pouco coherentes”.

A ocupación dependerá das medidas implementadas en cada establecemento

Por este motivos xa presentaron alegacións que a Xunta estudará nos vindeiros días. Entre elas demandan, por exemplo, que se poidan reabrir as barras “para uso individual, con separación e limpeza”.

Uso das barras

Carballido é optimista co futuro do sector, xa que neste verán se estivo traballando arreo “con profesionalidade e atendendo a un número cada vez maior de clientes animados pola afluencia de turistas” pero tamén lamenta que algúns locais vaian quedar polo camiño “principalmente aqueles de menor tamaño e os que carecen de terraza, que en moitos casos nin sequera volveron abrir logo do peche inicial decretado polo goberno”.

Carballido amoso o seu optimismo de cara ao futuro
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará