Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela esixe o Sergas que repoña o persoal médico no Centro de Saúde

Centro de saúde de Redondela

A alcaldesa Digna Rivas, vén de esixir ao Sergas que poña fin ao deterioro que sufre a Atención Primaria no municipio como consecuencia da paulatina diminución de persoal médico no Centro de Saúde de Redondela que nestes momentos conta con cinco médicos menos. A esta situación “súmase o feito que dende o pasado 26 de xaneiro, o Centro de Saúde non conta cun xefe de servizo”

A falta de persoal no Centro de Saúde –5 facultativos/as menos que os que ten asignado– inflúe negativamente na Asistencia Primaria xa que os médicos e médicas que agora están traballando, atópanse con que contan case que con 60 pacientes diarios nas súas axendas, cando habitualmente eran 40. “Este incremento inflúe directamente cun empeoramento do servizo, non por falta de profesionalidade do persoal médico, senón pola sobresaturación que sofre e que lles impide dedicar o tempo necesario a cada un dos seus pacientes”.

“O deterioro da sanidade pública en Redondela é evidente”, afirma a alcaldesa, “cupos que non teñen médico de urxencias, pacientes aos que cada vez atende un médico diferente e que polo tanto non contan co seguimento que sería desexable, esperas de máis de 15 días para as citas telefónicas…”.

Digna Rivas adiantou a súa intención de seguir insistindo ante as autoridades sanitarias, “para que poñan freo a un desmantelamento progresivo da Atención Primaria e que sobrevive a duras penas unicamente grazas a profesionalidade de todo o persoal sanitario”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Unha resposta

  1. E unha vergonza.veño directo de a coruña pa facer unha PCR.e votaronme fora como un can,sen esplicacion nin informacion me deron,largate de eqi aqi non podes entrar.nin me deixaron esplicarme,sentin un desprecio qe non o entendo.solo pedimos informacion e asesoramiento.me deu asco ser redondelan.moi mal o trato,solo pedin asesoramiento

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará