Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O fantástico circo de “insectos xigantes” do Dr. Mezzo chega a Redondela

dr mezzo

A Alameda de Redondela acolle este domingo ás 20:00 horas, a actuación da compañía Pistacatro cun espectáculo de circo itinerante musical enmarcado dentro da décima edición do programa FalaRedes que busca ampliar a oferta en galego e promover o uso e valorización positivo da lingua ao tempo que apoiar aos profesionais do sector para superar os efectos da crise sanitaria.

A proposta desta fin de semana en Redondela é un espectáculo de circo itinerante musical, que chega da man da compañía Pistacatro: Giovanni di Mezzo, botánico, explorador e naturalista xenovés do s. XIX, descobre unha illa no océano Pacífico que lle dá acubillo a estrañas criaturas, descoñecidas especies de insectos xigantes da Era Mesozoica que sobreviviron á grande extinción.

Ao seu regreso a Europa, o doutor Mezzo exhibe algunha destas criaturas nunha feira ambulante da que sae o fantástico circo de insectos xigantes do doutor Mezzo. Mezzo é un espectáculo itinerante cheo de cor, imaxinación e fantasia, co que Pistacatro quere recuperar por un lado o espírito de aventura das novelas de Xulio Verne e, por outro, a estética visual dos circos ambulantes de finais do s. XIX e principios do XX.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará