Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Homenaxe a Fran Teixeira no Chapela-Cisne da Supercopa no pavillón de Chapela

Fran Teixeira

O pavillón municipal manuel González Soto de Chapela acolle hoxe ás 21.15 horas a Supercopa Galicia Masculina co partido que enfrontará ao Rodosa Chapela e o Cisne Colexio Os Salgueiros. Antes do partido tributaráselle unha sentida e merecida homenaxe a Fran Teixeira.

Teixeira anunciou este verán que abandonaba o banco tras varios anos loitando contra un cancro de colón. O lendario adestrador de Mercantil, Teucro, Octavio ou Sporting de Lisboa dirixiu á escuadra chapeleira durante dezasete tempadas, as últimas catorce de maneira ininterrompida.

O técnico anunciaba a mediados do pasado mes de xullo a súa decisión de non seguir ao fronte de Chapela nesta tempada por varios motivos, pesando sobre todos eles seu estado de saúde. O técnico leva anos loitando contra un cancro que xa o levou a pasar polo quirófano en sete ocasións.

No partido homenaxe de hoxe entregaráselle unha placa ao adestrador nun acto que contará coa presenza do concelleiro de deportes Ignacio González e a deputada provincial Olga García así como a presidenta do Chapela, María González.

O encontro disputarase con aforo limitado e as entradas pódense reservar no número 661493235.

Cartel do encontro-homenaxe
Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará