Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Denuncian vertidos e actuacións carentes de permisos nas praias de Soutomaior

praias souto

O BNG fai públicas as “infraccións cometidas nos areais da localidade” e que levaron tanto ao Goberno español como a Xunta “a interpelar en numerosas ocasión ao concello de Soutomaior ao longo do verán”. Entre as infraccións cometidas enumeran “vertidos tóxicos, actuacións públicas sen autorización e inexistencia de carteis informativos sobre medidas covid”.

A Consellería de Sanidade, segundo explican dende o BNG, notificou ao alcalde, a través da Xefatura da Área de Verquidos, que as labores de inspección ordinarias na praia de A Xunqueira constataron “un vertido de augas residuais en condicións inadecuadas á ría de Vigo procedente das instalacións municipais de evacuación augas pluviais”.

Un feito que segundo o edil Diego Moreira “é só unha mostra máis do nulo respecto que o goberno popular deste concello mostra polo patrimonio natural de Soutomaior” e engade que “xa en varias ocasións as praias de Soutomaior tiveron que ser pechadas ao público por mor desta clase de vertidos”.

O requerimento de Sanidade súmase ao aviso da Xefatura territorial de Pontevedra instando á alcaldía a que debe asegurar a sinalización de aforos e medidas covid en todas as praias do concello, aspecto que o goberno local non cumpre. A Xefatura tamén indica que nestas praias non se levan a cabo as pertinentes labores de desinfección de espazo

Traballos sen autorización

Por outra banda, o Ministerio de Transición Ecolóxica enviou ás oficinas da casa municipal un apercibimento a comezos de xullo por non pedir unha autorización á Xefatura de Costas para a “execución duns traballos consistentes na achega de area na praia fluvial de A Xunqueira e na Praia Matilde, dos cales o concello de Soutomaior é o promotor”.

No apercibimento, Transición Ecolóxica insta ao concello a que nun futuro “ deberá solicitar a preceptiva autorización dos traballos a executar”, ademais de incluír “o proxecto de desenvolvemento dos traballos, memoria e planos”. A institución indícalle que unha nova irregularidade neste sentido suporía a incoación do “correspondente expediente sancionador”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará