Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Asociación de empresarios entrega os premios da campaña dos Días Azuis

empresarios premios

Concha Santorio foi unha das afortunadas logo de realizar unha compra no establecemento Sigular de Redondela. O premio consistiu nunha tarxeta regalo por importe de 250€ para consumir nos pequeno comercio.

A campaña “Días Azuis do Comercio Galego” é unha iniciativa da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia coa colaboración de ABANCA e as federacións provinciais, asociacións de comerciantes e centros comerciais abertos de Galicia.

A campaña tivo lugar entre o 7 e o 30 de Xuño de 2021 e nela puideron participar todos os clientes do comercio de proximidade de Galicia que mercaron nesas datas. Entre eles sorteáronse 12.000 euros en premios, distribuídos en 24 tarxetas prepago regalo de 250 euros (6 por provincia) e 40 tarxetas de 150 euros (10 por provincia), que deberán ser empregadas para volver a mercar nos establecementos tradicionais galegos ata o 30 de Xuño de 2022. O sorteo realizouse o 5 de Xullo de 2021 e Concha Santorio foi unha das persoas agraciadas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará