Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un accidente de tráfico desvela un delito de violencia de xénero

delito violencia xénero

Axentes da Policía Local de Redondela procederon na madrugada do sábado a deter un mozo de Vigo logo de ser investigado por un delito contra a seguridade vial. Un accidente que posteriormente revelaríase como un presunto delito de violencia de xénero.

Os feitos aconteceron a 1:45 horas da madrugada do pasado día 14 cando os axentes eran alertados de que unha moza estaba sendo perseguida por outro vehículo, persecución que se iniciaba no barrio vigués de Beade en dirección Redondela.

O varón, segundo as testemuñas, circulaba creando risco para os usuarios da vía, ao tempo que trataba de deter o vehículo no cal circulaba a súa exparella, condución que remataría cando o turismo conducido polo varón acabou alcanzando o vehículo no cal circula a súa exparella.

Unha vez entrevistados coas partes, a Policía Local procedeu á detención do varón quen foi trasladado á comisaria. Realizóuselle ademais a proba de alcoholemia deixando un resultado positivo de 0,89 e 0,86 mg/l

Na detención tamén participaron axentes da Policía Nacional.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará