Hoxe é Venres 4 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela homenaxea ás mulleres de San Simón

MullesSSimon

O Concello de Redondela desenvolverá ao longo deste ano 2021, unha serie de actividades para render homenaxe ás “madriñas” da illa de San Simón, veciñas do municipio que durante a Guerra Civil e a posguerra axudaron aos represaliados prisioneiros na illa. A previsión é que os actos comecen en abril, aínda que a data está supeditada á evolución da pandemia. A alcaldesa, Digna Rivas, salienta “a calidade humana e solidariedade” destas mulleres que foron “invisibilizadas” pola historia e que foron “verdadeiras heroínas”.

Digna Rivas, alcaldesa de Redondela

Ao longo do ano haberá exposicións fotográficas itinerantes coas que o Concello quere achegar a figura destas mulleres a todas as parroquias. Rivas agradece a colaboración neste proxecto do Colectivo Republicano de Redondela, o Seminario de Estudos Redondeláns, Obradoiro de Estudos Locais Fernando Montoroy, e do ténico do Servizo de Nornalización Lingüística, Xurxo Martínez, por facer posible este proxecto que nace dunha inciativa do BNG redondelán.

Tamén se elaborarán curtametraxes con entrevistas ás mulleres ou familiares para posteriormente elaborar unha ampla reportaxe e a inauguración, o 14 de abril, dunha escultura realizada pola escola de cantería da Deputación de Pontevedra e que sexa un recordatorio permanente a ese grupo de mulleres que axudaron ás persoas represaliadas. A escultura estará situada na zona do Alto da Concheira, preto de Rande, onde máis de vinte persoas apareceron fusiladas. Un dos lugares da memoria histórica, como lembra a alcaldesa.

Buscando que os nenos e nenas tamén sexan partícipes desta homenaxe, para as idades escolares, o concello anunciou a celebración de diversas actividades e a compra de exemplares do libro A lavandeira de San Simón, de Eva Mejuto e editado por Xerais.

O Concello tamén suma a estes actos un novo selo institucional que rende homenaxe a estas mulleres e que se incluirá este ano en toda a documentación pública.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará