Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco, líder da Terceira

ChocoLider1

O equipo redondelán lidera o grupo B logo de impoñerse por 1-2 ao Arosa na súa visita a Vilagarcía, mentres o conxunto xuvenil de División de Honra perdeu por goleada ante o Celta en Barreiro. No fútbol sala os equipos locais non comezaron a competición en Terceira. O rival do Campito, o Baiña, decidiu non participar na liga por causa da crise sanitaria, igual que o Pazos.

Terceira División

Arosa 1-2 Choco

Complicado o compromiso ligueiro o que tiñan os xogadores choqueiros ante o líder da Terceira, o Arosa SC. Os locais, que chegaban a quinta xornada do campionato como favoritos, comezaron adiantándose no minuto 1 por unha indecisión entre Cortegoso e Yago Vázquez. Joel aproveitou o desliz e anotaba o primeiro gol do partido. O equipo redondelán pronto se repuxo do gol e comezou a facer xogadas de perigo, aínda que sen chegar a culminar ningunha delas. Chegaron ao descanso do 1-0, e despois do paso por vestiarios comenzou unha segunda parte na que o CD Choco fixo un fútbol de gran calidade. Fixéronse co dominio do xogo, e desde o principio xeraron ocasións de gol. Até que no 55 Iano anotou o gol do empate a pase de Caloi. Coa igualada no marcador, aos locais costáballes xerar ocasión na portería de Cortegoso cun Choco moi sólido en defensa. Ninguén se daba por satisfeito co empate, e o partido medrou en intensidade. A insistencia do Choco tería a súa recompensa no minuto 75, de novo cun tiro do guineano Iano que poñía o 1-2 definitivo.

División Honra Xuvenil

Celta 5-0 Xuvenil

O CD Choco visitaba Barreiro para enfrontarse ao RC Celta de Vigo, líder da clasificación. O equipo de Alberto Suárez comezou o partido moi dubitativo. Na primeira xogada provocou un penalti aos 23 segundos de xogo, acción pola que o porteiro viu cartón amarelo, aínda que detivo o lanzamento. No minuto 40 chegaría o primeiro gol do partido, de Fran López para o Celta. Co 1-0 remataba a primeira parte. Tras o tempo de recreo, parecía que se repetía a historia da primeira parte. Un novo penalti é pitado en contra dos intereses do equipo de Suárez, que neste caso Damián non perdoou. Co 2-0 aínda quedaba moito por diante pero o equipo da cidade olívica facía imposible a reacción choqueira para evitar o perigo sobre a área celeste. No min.70 chegaría o terceiro dos locais que viña sentenciar o partido, de Gael Alonso. Yayo Rodríguez marcaría o 4º do partido, no 84 e dous minutos despois chegaría o 5º e definitivo deixando. E sen tempo para lamentacións, esta semana o xuvenil ten dobre compromiso ligueiro. Desprázase este mércores a terras compostelás para disputar o partido aprazado da primeira xornada contra o Conxo Santiago. O domingo disputará a 4ª xornada de liga en Santa Mariña contra Pavillón Ourense.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará