Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O BM Chapela volve ao traballo

RR_Noticias

Este mes de setembro arranca unha temporada atípica para o deporte, tamén para o balonmán. No club de Chapela xa retomaron os adestramentos os equipos sénior, tanto masculino como feminino. En canto aos grupos da base a presidenta María González explica que queren ser “moi prudentes”, e agardarán a mediados de mes para comezar os adestramentos nas categorías inferiores que serán “sen contacto”.

A situación sanitaria por mor da Covid-19 obriga a extremar as precaucións e seguir uns protocolos moi estrictos. O mozos de Primeira Nacional Masculina volveron á pista do Pavillón Manuel González Soto para empezar a traballar nesta atípica pretemporada. Fano con Fran Teixeira un ano máis á fronte do equipo, cun grupo renovado no que se deron altas e baixas, tamén coa incorporación de xogadores que dan o salto desde xuvenil. Comezarán a liga estatal en outubro, pero aínda non teñen información por parte da Federación se poderá haber público nas gradas. As que aínda non teñen data para volver á competición son as mozas da Primeira Autonómica. Xa volveron ao traballo, con varias seccións de adestramentos baixo as ordes de Tita Davila. A adestradora, vencellada ao mundo do balonmán e tamén a outros deportes como o fútbol, será tamén a encargada de cordinar aos técnicos das categorías base.
Categorías Base
En canto aos grupos da base, González Lago explica que queren ser “moi prudentes”, e agardarán a mediados de mes para comezar os adestramentos. Nas categorías inferiores o taraballo cos nenos será “máis técnico e individualizo” polo que non haberá contacto. Por parte da Federación aínda non se lles confirmou se haberá competicións para os equipos da base, e en que condicións se faría, polo que en Chapela traballan “con pés de plomo”. No que si están a traballar xa desde hai tempo é no seu canal de internet, e tamén nas redes sociais, con moitas actividades para os membros do club e o público, ofrecendo entrevistas cos adestradores e tamén coa retransmisión dos partidos en directo cando comece a liga.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará