Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Luis Crespo: “Nesta edición primamos ante todo a seguridade para poder gozar dos títeres sen riscos”

RR_Noticias

Con todas as entradas vendidas arranca hoxe martes a XXI edición do Festival Internacional de Tïteres de Redondela. Unha edición extraordinaria con aforos restrinxidos tanto nas sesións de sala como nos espectáculos de rúa que buscan garantir a seguridade imposta polo Covid 19. Dende a dirección do festival recomendan que ninguén veña a Redondela se non conta con entrada previa. Iso si, convidan a todos os veciños a gozar da exposición de monicreques de Kukas que se pode ver nos escaparates da vila e a achegarse a partir do venres ao Museo Carallás instalado na Alameda.

O Festival de Tïteres resiste e, malia ter que desprazar a súa data de realización, chega a Redondela nesta primeira semana de setembro. Faino obviamente con moitas restricións para garantir a seguridade de espectadores, titiriteiros e organización. Así, a redución do aforo fai que as entradas estean xa esgotados e só poderán acceder tanto as funcións de sala como de rúa aqueles que retiraran a entrada previamente. De feito, o director do festival, Luis Crespo insisten en que ninguén se desprace a nosa vila se non conta con esa entrada.
“Achegamos unha proposta sólida en canto a hixiene e protocolos que permitirá ao espectador gozar de todas as funcións coa seguridade necesaria” explica Crespo “aplicamos medidas drásticas nunha situación extraordinaria que busca evitar calquera risco e garantir un festival seguro”.
Un festival que arranca hoxe martes coa compañía galega Eme2 quen presentará no Multiúsos a obra “Contacreques”, seguiralle o mércores “Error 404” da compañía andaluza Ángeles de Trapo e a actuación de Cazando Gamusinos o xoves con “Ay pera, perita, pera!”
Os galegos de Cinema Sticado converterán o Auditorio da Xunqueira nun plató de cine o venres ás 21h. e na fin de semana pasarán polo auditorio a arxentina Valeria Guglietti e os redondeláns Tanxarina Títeres.
A programación de rúa comezará o xove con actuacións na Casa da Torre, no Salgueiral, na Pista da Xunqueira e na Alameda. Todos os recintos estarán acotados e só poderán ver os espectáculos aquelas persoas que dispoñan de entrada.
Un festival que se completa co Museo Carallás, unha intervención urbana que conta coa colaboración de oito artistas locais quen plasmaron nas súas pinturas o seu sentir e visión do mundo do títere e que converterán a Alameda nun Museo de rúa a partir do venres.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará