Hoxe é Martes 8 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Un documental sobre vítimas da Covid-19 para concienciar aos máis novos

RR_Noticias

O Concello de Redondela reforzará a campaña de sensibilización e prevención da Covid-19 “Faino por Todxs”. Insisten en que “a responsabilidade” é unha das mellores armas para evitar a propagación da pandemia. Un documental co testemuño de persoas de Redondela que pasaron a enfermidade “debe ser unha lección da que aprender todos”, sinala Digna Rivas. O video proxectarase nos centros escolares do municipio “para que o alumnado de máis idade se conciencie da importancia que ten a prevención”.

O Concello de Redondela vén de anunciar a “intensificación” da campaña de sensibilización e prevención fronte á COVID-19 “Faino por Todxs”, logo de que nas últimas datas se incremente o número de contaxio en toda Galicia. A alcaldesa, Digna Rivas, sinala que “a prevención, a sensibilización e a responsabilidade de todos e todas, son o camiño para contribuír a frear esta pandemia”. Rivas fixo un chamamento ao sector máis novo da poboación “para que tomen conciencia da gravidade da situación que estamos a vivir” e animounos a respectar as medidas preventivas establecidas polas autoridades sanitarias “non só pola súa propia seguridade, senón tamén pola das súas familias”. O testemuño das persoas que pasaron a COVID-19 e que o Concello de Redondela recolleu nun vídeo, “ten que ser unha lección da que aprendamos todos”. Agarda que “o sufrimento desas mulleres e homes e das súas familias, sirva para que tomemos conciencia da situación pola que estamos a atravesar e que nós, coa nosa actitude persoal, poderemos contribuír a frear”. O Concello de Redondela adiantou que o vídeo, realizado ao abeiro da campaña “Faino por Todxs” ponlle cara ás consecuencias da COVID-19 “grazas á colaboración das veciñas e veciños que pasaron por estra grave experiencia”. O video será levado aos centros escolares do municipio “para que o alumnado de máis idade se conciencieda importancia que ten a prevención para a súa protección e a das súas familias”. Do mesmo xeito, é intención do Goberno local redondelán proxectar este documental “en todos os centros culturais das parroquias do municipio” de forma que a veciñanza se implique “á hora de evitar a expansión dunha pandemia que segue aí”, recalca Rivas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará