Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cesantes recupera os muíños do río Pexegueiro

RR_Noticias

O Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy atópase inmerso no proxecto de revisión do patrimonio de Cesantes. Este verán recuperaron o Muíño do Rato, do que xa nin se lembraban moitos dos veciños máis vellos do lugar. O obxectivo desta asociación cultural é localizar todos os muíños ao longo do Pexegueiro e que as administracións públicas fagan unha senda para poñelos en valor.

O presidente da asociación, Manuel Nieto, explica que despois de moitos meses de traballo é “unha gran satisfacción” dar con estes elementos do patrimonio etnográfico “que estaban desaparecidos”. Grazas ás lembranzas dalgúns veciños da contorna e un importante traballo de campo, descubrion un muíño sen catalogar na zona de Xote, preto da estrada N-550. Non foi doado, xa que tiveron que rozar unha ampla zona que estaba chea de silvas e matogueiras, nun lugar de difícil acceso polo abandono, malia estar a esacasos vinte de metros da estrada. Nieto sinala que son ao redor de media ducia os muíños que existen na parroquia ao longo do curso do Pexegueiro, e a intención da Obradoiro de Estudos Locais Fernando Monroy é “recuperalos todos”. Coa axuda de Álvaro Fuentes, coordinador dos traballos, confían en seguir descubrindo “estes tesouros do patrimonio cultural e etnográfico” para dalos a coñecer e poñelos en valor. O colectivo remitiu a información técnica do muíño ao concello de Redondela para solicitar a súa catalogación, xa que non apare rexistrado. Ademais, a asociación entende que debe ser incluído no Plan Xeral de Ordenación Municipal do municipio, que se atopa en elaboración. Para o colectivo sería necesario que agora as administracións fixeran unha labor “de conservacióne mantemento” deste patrimonio. Nieto apunta que “o ideal” sería crear unha senda ao longo do río, cos muíños restaurados “total ou parcialmente” para que tanto os veciños como os visitantes puideran coñecer “esta parte importante da nosa historia”. Desde a asociación cultural traballan xa na edición dun libro sobre o patrimonio de Cesantes no que incluirán tamén os muíños recentemente rescatados, ademais de canastros, lavadoiros, petos de ánimas, etc.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará