Hoxe é Domingo 6 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A música de Xulio Lorenzo fará soñar ao público na Alameda Castalao

RR_Noticias

O músico e compositor mosense volve este sábado a Redondela para ofrecer un concerto na Alameda Castelao. Lorenzo sinala que será un concerto especial “por moitos motivos”, xa que esta vila é para el “unha segunda casa”. Contará coa participación dun grupo de baile, o músico de Chapela Marcos Campos e a cantante Belén Tajes.

En xaneiro presentaba en Redondela o seu último traballo, “Volver soñar”, un disco diferente e cheo de novos matices e historias. Agora volverá a esta terra que considera “unha segunda casa” para ofrecer un concerto na Alameda Castelao. Un lugar que se presta a esta música, como explica Lorenzo, moi vencellado a Redondela a nivel familiar e musical. Será un concerto cun formato diferente, e o primeiro que ofrece tras a crise do coronavirus. O distanciamento de seguridade, co público sentado nas cadeiras, impide o baile “pero permite outro tipo de escoita, con máis sensibilidade”, explica Lorenzo. Para a actuación deste sábado contará ademais coa colaboración de artistas como o redondelán Marcos Campos, a cantante Belén Tajes e un grupo de baile que ofrecerá unha peza especial, en referencia á crise sanitaria da Covid-19 e promete tamén algunha “homanaxe sorpresa”. A cita é ás 22.00 horas, con entrada de balde, aforo limitado e uso obrigatoio de máscara.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará