Hoxe é Xoves 29 de Outubro de 2020

Obradoiro de fotografía para mulleres “Namórate de ti” en Pazos de Borbén

RR_Noticias

O Concello de Pazos de Borbén, a través da súa concellaría de Igualdade, acaba de abrir o prazo de inscrición para o proxecto “Namórate de ti”. Unha iniciativa destinada a potenciar nas participantes valores persoais como a autoestima, o empoderamento e a cooperación a través da arte da fotografía. O prazo de inscrición está aberto ata o 9 de setembro.

A actividade conta con dez prazas dispoñibles e componse dun total de catro sesións que se desenvolverán a partir da última quincena do mes de setembro. En cada sesión traballaranse diferentes aspectos co obxectivo de mellorar as capacidades das alumnas en diversos ámbitos, tant técnicos como persoais. Ao remate da actividade as participantes obterán un álbum fotográfico en formato dixital con todos os contidos realizados durante o ciclo. Ademais, despois do acto de clausura, a entrada da Casa do Concello acollerá unha exposición cos mellores traballos do curso escollidos polas súas propias autoras. A iniciativa non conta cun límite de idade, polo que todas as mulleres interesadas en participar poden solicitar máis información ou realizar a súa solicitude a través dos Servizos Sociais municipais de Pazos de Borbén antes do mércores 9 de setembro.

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *