Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha unidade móbil da ITV visitará Pazos de Borbén en setembro

RR_Noticias

Os exteriores da Casa Cultural de Pazos acollerá os días 8 e 9 de setembro á unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos. Un servizo que os veciños poderán aproveitar con cita previa evitando ter que desprazarse fóra do municipio. O Concello tamén vén de anunciar o remate das obras en diferentes camiños para mellorar a seguridade vial.

Os controis realizados polo servizo móbil sos os mesmos que en calquera outra estación de ITV, polo que a validez da certificación obtida é a mesma que nunha estación permanente. Aqueles veciños que estean interesados en pasar a inspección técnica do seu vehículo nesta estación móbil deberán solicitar cita previa no teléfono 902 309 000 ou na web www.sycitv.com. O horario previsto para realizar os controis é de 9 a 13:30 horas pola mañá e de 15:15 a 18:00 horas pola tarde. Aos vehículos que se presenten sen cita previa asignaráselles data e hora, segundo a dispoñibilidade do servizo, directamente na estación móbil.
Mellora de camiños
O Concello de Pazos de Borbén acaba de finalizar as obras de acondicionamento en diversos camiños do municipio. A mellora comprende a reparación e asfaltado dun total 14.576 metros cadrados divididos en cinco actuacións. O proxecto conta cun orzamento total de licitación de 218.000 euros. Os traballos de mellora afectaron na parroquia de Nespereira aos camiños de Albite-Areeiro e Do río-Outeiro. Do mesmo xeito, na parroquia de Xunqueiras acondicionouse o camiño Eido da Col, o de Eirado-As Lombas na parroquia de Moscoso e, por último, o coñecido como o Circo de Mosteiro, na parroquia de Borbén. Instalouse novo firme á rede viaria municipal, co que se pretende aumentar a seguridade e confortabilidad do tráfico nestas vías, ademais de previr os problemas que poidan ocasionar as choivas nos próximos meses. O alcalde, Andrés Iglesias, explicou que se trata de camiños “moi transitados” que conectan zonas “nas que vive moita xente” e outros supoñen unha prioridade “en canto a seguridade viaria polo seu estado”.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará