Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O risco de chuvia adianta o concerto das Efémeras á tarde do venres

RR_Noticias

Logo de actuar por primeira vez durante o confinamento a través das redes, As Efémeras ofrecerán un concerto “ao vivo” na praza da Constitución. A cita, prevista para os Vermús Culturais do sábado, adiántase á xornada de mañá venres por mor do risco de chuvia. A cita é ás 19.00 horas.

A programación cultural para a fin de semana complétase con diferentes concertos. O sábado, ás 22.00 horas, o grupo de música tradicional Tanto Nos Ten, estará na Alameda de Castelao ás 22.00 horas. O domingo, día 16, tamén a música galega será protagonista da man de Os Carapaus, cun concerto na Alameda Rosalía de Castro, en Chapela, ás 21.30 horas.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará