Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello tramitará ante a Deputación as preguntas dos veciños sobre a estrada do Galleiro

RR_Noticias

A veciñanza de Vilar coñece xa, de primeira man, como será o proxecto do último tramo da estrada provincial EP-2096 entre Os Valos e Guizán. A alcaldesa, Digna Rivas, explicou no Centro Cultural da parroquia os traballos, con planos e infografías. Segundo a alcaldesa os veciños expresaron a súa conformidade co proxecto “que permitirá recuperar unha zona deteriorada e favorecer a mobilidade”.

Rivas, que estivo na reunión acompañada por membros do goberno local asegura que, unha vez que comezou a explicar o proxecto de como quedaría a zona, decatouse que “veciños e veciñas descoñecían o proxecto” o que pode deberse “a unha falta de interese do anterior goberno en explicar a realidade da obra que se ía realizar”. Nun exercicio de “transparencia” deuse conta dos traballos que se van realizar e a veciñanza expresou a súa conformidade co proxecto, “que permitirá recuperar unha zona deteriorada para a súa utilización por parte da veciñanza, favorecendo a mobilidade e, dentro da liña seguida pola administración provincial nas súas últimas actuacións, recuperar espazos para a convivencia das persoas”. Na xuntanza os participantes formularon preguntas que, a través da deputada Olga García, serán trasladas á Deputación. Segundo explicou Rivas son “pequenos matices” sobre o proxecto que ao goberno local son “importantes” xa que se trata de ideas da cidadanía “que enriquecen” o proxecto.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará