Hoxe é Domingo 8 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.C.D. Cesantes afiánzase na segunda praza da LGT-B e camiña cara ao play off de ascenso

RR_Noticias

Logo dun mal comezo na competición, o club de Cesantes está a facer agora unha gran temporada na Liga Galega B de traiñeiras. A pasada fin de semana repetiu como segundo na Bandeira de Narón e afiánzase nos postos de play off de ascenso. Esta fin de semana a cita é en Perillo, co seu inmediato perseguidor como anfitrión.

O presidente da entidade, Jorge Rodríguez, amósase moi satisfeito co traballo dos remeiros e os excelentes resultados das últimas regatas. No club están felices porque, malia a crise sanitaria da Covid-19, puido disputarse esta competición na categoría raíña do remo galego, e Roríguez confía en poder rematar a liga a final de mes “sen contratempos”. O seu obxectivo, que nun primeiro momento se limitaba a “poder sacar a traiñeira e competir”, vai agora máis alá grazas aos bos resultados. Agardan seguir a este bo nivel nas próximas competicións e manterse nesta segunda posición, o que lle permitirá pelexar pola fase de ascenso á LGT-A. Na regata de Narón os de Cesantes mantiveron un man a man con Perillo, o seu rival pola segunda praza na xeral, e superouno por tan só dous segundos. Volveu gañar A Pobra, que conta todas as súas regatas como victorias. O C.R. Chapela quedou fóra da regata despois de que entrasen pola rúa equivocada na liña de meta. A decisión foi dos xuíces. A próxima xornada preséntase como clave para o segundo posto, xa que se celebra en Santa Cristina e Perillo oficiará de anfitrión. Se Cesantes mantén a tendencia e repite segundo posto terao todo a favor para disputar o play off de ascenso.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará