Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Abanca comprométese co Concello a manter aberta a oficina de Cesantes que reabrirá en agosto

RR_Noticias

Os representantes da entidade financeira confirmaron á alcaldesa Digna Rivas, que a oficina reabrirá as súas portas na primeira quincena do mes de agosto logo dunha reunión mantida na mañá de hoxe no concello. Os veciños da parroquia xa manifestaran o seu temor ante o peche da única oficina bancaria existente en Cesantes e, logo de varias protestas, tiñan previsto concentrarse novamente este venres para reclamar a súa reapertura.

Rivas amosaba a súa satisfacción polo compromiso de Abanca de reabrir as portas da oficina de Cesantes, logo da reunión mantida con Victor Manuel Vázquez Saavedra, director de zona Morrazo-Redondela e Juan Walter Álvarez Álvarez, director territorial de Vigo.
No encontro a alcaldesa salientou a importancia desta sucursal de Cesantes tanto para a veciñanza da zona, como para a actividade económica relacionada co mundo da mar, “argumentos que foron perfectamente entendidos polos representantes da entidade financeira” e que foron determinantes á hora de decicir que, “ao longo da primeira quincena de agosto a oficina reabra as súas portas”, apuntou Digna Rivas.
O peche da oficina de Cesantes, que conta cun considerable movemento debido ao seu uso por parte das xentes da mar e da actividade portuaria, viña sendo motivo de malestar e mobilizacións da veciñanza. Digna Rivas agradeceu a “receptividade de Abanca ás peticións formuladas polo Concello que non son outra cousa que as esixidas polas veciñas e veciños”
Ao longo da xuntanza de traballo, a alcaldesa solicitou que por parte de Abanca, se revisase a política de cobro de comisións que estaba a desenvolver a entidade “e que afectan aos sectores máis vulnerables da sociedade”.
Digna Rivas subliñou que a xestión realizada “responde á obriga do Concello, como administración máis próxima á cidadanía, de poñer voz a calquera problema que afecte aos veciños e veciñas” e cuxa resolución, sinalou, “é para nós prioritaria”.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará