Hoxe é Luns 14 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A ampliación da pista de Peinador expropiará 14.000 metros á Comunidade de montes de Vilar

RR_Noticias

A expropiación forzosa afectará a terreos de Vigo, Mos e Redondela e ten como obxecto dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras de ampliación da franxa da pista do aeroporto. No noso concello veranse afectadas pequenas parcelas de propietarios particulares así como un terreo de 13.893 metros cadrados cuxo titular é a Comunidade de Montes en Man Común de Vilar de Infesta. O expediente pódese consultar na web do concello de Redondela.

Aena inicia o proceso de expropiación forzosa para dispoñer dos terreos necesarios para a execución das obras enmarcadas no proxecto de ampliación da franxa da pista de Peinador ante a necesidade de ampliar o ancho desta pista para cumprir o regulamento Europeo. Malia que a maior parte dos terreos afectados están situados dentro da propiedade do aeroporto, existen tres zona fora do límite que é preciso expropiar.
En consecuencia e co fin de formalizar a ocupación dos terreos necesarios para esta ampliación iníciase este proceso de expropiación forzosa que afecta a un total de 95.894  m2, na súa maior parte cun aproveitamento rústico e o resto urbano, nos termos municipais de Mos, Redondela e Vigo.
Ábrese agora o prazo de 15 días para que os propietarios afectados e todas as demais persoas ou entidades que se estime afectadas pola execución das obras, poidan formular por escrito as alegación que consideren oportunas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará