Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela celebra o Día de Galicia e homenaxea a Xohana Torres

RR_Noticias

Intensa fin de semana que arranca hoxe venres con diferentes actos culturais e festivos para conmemorar o 25 de xullo. A primeira proposta será con grupo Pelepau e a banda de música de Chapela quen ofrecerán un concerto ás 22:00 horas este venres no paseo marítimo de Chapela. Mañá sábado actuación de Guadi Galego precedida do tradicional acto institucional. A domingo celebrarse no parque infantil da Alameda un acto homenaxe á escritora Xohana Torres que contará coa música de Antía Muíño as 12:00 horas.

O Concello organiza este sábado o seu tradicional acto institucional para celebrar o Día de Galicia. Nesta ocasión, o concerto correrá a cargo da recoñecida e premiada cantante Guadi Galego. Polo seu compromiso coas mulleres, a cultura e o idioma galego, a alcaldesa Digna Rivas recibirá na Casa do Concello a Guadi e será convidada a escribir unhas palabras no libro de honra do Concello de Redondela. Rivas apunta que “Guadi ten demostrado sempre un gran amor pola cultura galega e unha implicación na loita feminista. Dende o noso concello queremos recoñecela e trasladarlle a nosa forza para que acade máis éxitos de cara ao futuro porque tamén serán éxitos para Galicia”.
Ás 21:00 horas comezará o acto institucional na Alameda de Castelao. Alí tomarán a palabra nenos e nenas que falarán sobre a Xeración Nós, da cal se celebra este ano o centenario. Deseguido dirixirán unhas palabras tanto o concelleiro de Cultural, Daniel Boullosa, como a alcaldesa nun acto que rematará co izado da bandeira de Galicia.
Ao rematar comezará no Campo da Feira o concerto de Guadi Galego no cal presentará o seu último traballo nun espectáculo que leva por nome “Inmersión”.
Xohana Torres xa ten un sitio en Redondela
A poeta galega morta no ano 2017, terá un espazo propio no Concello de Redondela logo de que o Servizo de Normalización Lingüística, decidira outorgarlle o nome de Xohana Torres ao parque infantil da Alameda de Castelao. Un panel, con información para persoas adultas e infantís, dará conta do seu papel pioneiro na literatura galega, sendo das primeiras mulleres que escribiron en galego durante a ditadura franquista. No acto agárdase a presenza da familiar da escritora falecida.
Como acompañamento, haberá un concerto dunha promesa da música galega, Antía Muíño, que vén de triunfar nas Festas do Apóstolo de Santiago. O concerto será na Praza de Santiago, aberto a todo o público, ás 12 do mediodía.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará