Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Medio Ambiente quere retirar as papeleiras das praias e espazos naturais

RR_Noticias

A medida busca que os bañistas e usuarios destes espazos se acostumen a levar o lixo que xeran a outras papeleiras ou contedores comúns. A campaña leva por nome “Espazos naturais libres de papeleiras” e arranca esta mesma semana coa colocación de carteis explicativos que de xeito temporal se poderán ver en lugares visibles dos espazos afectados. A praia de Cesantes será un destes espazos polo que non se colocarán os reforzos de papeleiras habituais outros anos, pero si se reforzará a presenza de contedores agrupados.

A Concellería de Medio Ambiente comeza unha campaña para declarar e converter os espazos naturais en espazos co menor número de puntos de acumulación de lixo posible. O obxectivo é evitar que as zonas de esparexemento natural sexan “un lugar salpicado por lixo contido, pero lixo ao fin e ao cabo”.
Dende onte e ata o vindeiro venres día 24 dende esta concellería desenvolverán unha campaña informativa para explicar o motivo da iniciativa ao tempo que anima aos usuarios deses espazos a levar o lixo que xeren, namentres visitan ese espazo natural, a outras papeleiras ou a contedores comúns.
A praia de Cesantes será un destes espazos afectados. “Unha das razóns que leva a comezar esta campaña pola praia da Punta é a súa localización dentro da Rede Natura 2000. Por esta razón, este ano 2020 non se colocarán os reforzos de papeleiras pola praia que se viñan colocando outros anos, pero si se reforzará, neste mesmo sitio, a presenza de contedores agrupados.
O Concelleiro de Medio Ambiente, Roberto Villar é consciente de que se trata “dunha campaña educativa que vai ter algunhas opinións en contra porque busca cambiar hábitos e comodidades adquiridas”. Con todo entenden que se trata dunha medida axeitada que busca restrinxir a acumulación do lixo nos menores puntos posibles.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará