Hoxe é Mércores 25 de Novembro de 2020

Oito socorristas vixiarán os areais de Arealonga e Cesantes

RR_Noticias

Redondela pechou a contratación de oito persoas que se encargarán de garantir a seguridade dos usuarios das praias de Chapela e Cesantes. A estas contratacións engadiranse, a comezos da vindeira semana, outras catro persoas, 3 patróns de embarcación e un coordinador. Con esta iniciativa, o Concello de Redondela convértese nun dos primeiros da provincia en contratar persoal de salvamento e socorrismo para as súas praias durante a época estival.

A estas medidas encamiñadas a garantir a seguridade das e dos bañistas, o Concello redondelán engade outras específicas de cara a utilización dos areais dun xeito seguro, dentro da súa campaña de prevención e concienciación sobre a COVID-19 “Faino por Todxs” que inclúe, neste caso, a instalación de carteis nos que se dan unha serie de pautas para o uso seguro das praias.
Nese sentido, a alcaldesa de Redondela, Digna Rivas, lembrou que, “nestes momentos delicados nos que nos atopamos, a responsabilidade individual de todos e todas é a mellor arma para frear a expansión da COVID-19”.
 

Share on facebook
Facebook
Share on twitter
Twitter
Share on linkedin
LinkedIn
Share on pinterest
Pinterest
Share on whatsapp
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *