Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR, con gañas de volver a botar o balón

RR_Noticias

Tras coñecer o futuro dos equipos do club para o próximo ano, na SAR fan un balance moi positivo da tempada, malia que se viu truncada pola crise saniaria da COVID-19. Co equipo feminino un ano máis en División de Honra Prata e o masculino ascendido a Primeira Nacional, agora só pensan en volver ao traballo “canto antes”.

O presidente do club, Aurelio Krook “Lito” afirma sentirse “moi orgulloso” polos éxitos dos seus equipos nunha temporada moi difícil. Na entidade traballan xa na renovación dos seus técnicos e xogadores, e preparan a próxima temporada. Xa están confirmados os adestradores dos equipos de máxima categoría, posto no que segurirán un ano máis Elisardo Covelo “Chini” á fronte do feminino de Honra Prata, e Pablo Muiños no masculino de Primeira Nacional. Confían en regresar aos adestramentos a medidados de agosto, pero dependen do que decida a Federación e as autoridades sanitarias. Volver ás pistas será complicado, porque ademais dos equipos de máxima categoría contan tamén cunha gran canteira, a máis ampla de Galicia con 270 fichas de rapaces e rapazas. Polo de agora a intención do club é recuperar a actividade con adestramentos “por pequenos grupos ao aire libre, na rúa ou na praia”, explica “Lito”. Asegura que, despois de máis de tres meses sen adestrar, todos están desexando que o balón volva botar e recuperar a actividade.
Calendario liga 2020/21
Na División de Honra Prata Feminina a liga comezará o 26 de setembro. A SAR Rodavigo comezará na casa ante o Oviedo Balonmán. Unha semana máis tarde, o 3 de outubro, arranca a Primeira Nacional Masculina. A Sar Plastic Omnium tamén comezará o campionato na casa ante o Saeplast Cañiza.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará