Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A hostalaría local prepárase para abrir na fase 2

RR_Noticias

Mamparas de metacrilato, ampliar a separación entre as mesas ou menus dixitalizados, son algunhas das medidas que valoran os hostaleiros que maioritariamente comezarán a abrir as súas portas a partir do vindeiro luns. O obxectivo é garantir un entorno seguro aos seus clientes e cumprir as normativas sanitarias impostas polo coronavirus. Hai preocupación entre os hostaleiros de Redondela polo custe económico que supoñen todas estas medidas, pero tamén confianza en que os clientes regresen aos bares, sobre todo neste período que permite o uso de terrazas.

Tan só o 30% dos locais de hostalaría de Redondela abriron as súas portas nos últimos días. A gran maioría confía en facelo a partir do luns, cando previsiblemente entremos na fase 2 da desescalada. Para coordinar esta apertura mantiveron un encontro coa Asociación de Empresarios no que se estableceu un proceso escalonado en función das necesidade de cada un dos establecementos que están a aplicar medidas encamiñadas a minimizar os riscos hixiénico sanitarios. Explican dende a Asociación que “os  empresarios amosan a  súa preocupación polo importante custo dos medios de prevención que será preciso mobilizar para prestar o servizo con seguridade e protexer aos traballadores e clientes”.
Outra das preocupacións, explica Julia Alonso, é sensibilizar á clientela sobre a necesidade de adaptarse a unha forma de prestar o servizo novidosa: dende a propia recepción no establecemento, esperando a que poidan ser acomodados, as limitacións de aforo, o cumprimento das distancias de seguridade, o acceso de forma electrónica á cartas e menús, etc.
En canto ao futuro, confían en que os clientes regresen aos bares e restaurantes “están desexosos por gozar do que a hostalaría nos ofrece”. Encaran sobre todo estes meses con optimismo polo uso das terrazas e critican neste sentido “os grandes atrancos que se están a atopar por parte da administración local”.  No  obstante, consideran que o uso do  espazo público non debe ser arbitrario o que provocaría situacións de risco para os traballadores do sector, como por exemplo cruzando rúas ou comprometendo a distancia de seguridade co tránsito peonil.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará