Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Purificación Bemposta: “Abrazar a miña neta foi incrible despois de dous meses de confinamento”

RR_Noticias

Esta veciña de Redondela e usuaria da Cruz Vermella recoñece que non foi quen de evitar unha aperta cando se reatopou coa súa neta de tan só catro anos. Logo dun estrito confinamento do que saíu “tan só para ir ao supermercado e a farmacia” e que foi especialmente duro no seu inicio, asegura que os paseos, volver ver as amigas e, sobre todo, ver a súa neta foi o máis importante dos últimos días.

As primeiras dúas semanas foron as máis duras do confinamentos para esta veciña da vila que vive soa e que tivo que pasar esta complicada situación illada na súa casa. Como tanto outros maiores, sentiu o peso da soidade pechada na casa, malia que asegura que “logo dos primeiros días de agobio, un faise afacendo, buscando rutina que axuden a pasar o tempo”. Neste caso limpar, facer algún exercicio ou botar man de pasatempo así como falar por teléfono, foron as rutinas que lle facilitaron irse adaptando a un confinamento que noseu caso foi rigoroso “saín moi poucas veces, e só para facer algunha compra grande e ir a farmacia”.
Asegura que nunca sentiu medo ante a posibilidade de se contaxiar “pero si respecto” polo que dende que se levantou o peche total sempre que sae faino con todas as medidas de seguridade necesarias “máscara, distancia social, lavar as mans con xel e con auga e xabón”. Tan só se permitiu unha pequena debilidade “abrazar a miña neta de  catro anos, nin ela nin eu puidemo evitar darnos unha aperta”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará