Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido un veciño de Redondela tras tentar acoitelar a outro en Cesantes e darse a fuga por mar

RR_Noticias

O home, que foi detido a media tarde de hoxe tras protagonizar unha persecución por mar, está acusado dun presunto delito de ameazas graves con arma branca. A detención produciuse nun dispositivo conxunto da Policía Local e Nacional.

A Policía Local informa dun suceso que tiña lugar esta tarde e que se saldou coa detención dun veciño de Redondela. Os feitos producíanse nas inmediacións do peirao de Cesantes cando, por causas que se investigan, o detido intentaba acoitelar a outro no marco dunha pelexa. A vítima lograba evitar o acoitelamento axudado por outras persoas que se atopaban no lugar. Tras estes feitos o agresor emprendeu unha fuxida por mar nunha embarcación, sendo finalmente interceptado polos axentes da policía local e nacional quen realizaron unha persecución por mar. O detido está acusado dun delito de ameazas graves con arma branca.
 
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará