Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela pon en marcha unha campaña de sensibilización e prevención fronte ao COVID-19

RR_Noticias

“Faino por todos e por todas” é a campaña que esta fin de semana porá en marcha o Concello para insistir na “prevención” contra o coronavirus. Advirte a alcaldesa que a cidadanía “non pode relaxarse” nas medidas de distanciamento social. Entre as medidas
repartiranse máscaras de protección entre o comercio local e a hostalaría para “mercar seguros”.

O Concello de Redondela porá en marcha esta fin de semana a campaña “Faino por todos e por todas”. Baixo este lema insisten na “sensibilización e prevención”, xa que segundo explica Digna Rivas “son as únicas ferramentas contra a COVID-19”. Baixo a premisa de poñer en primeiro lugar a saúde dos veciños, a campaña contará con paneis “moi visuais” situados nas zonas máis transitadas do municipio, nos que se sinalan as medidas e recomendacións que debe seguir a veciñanza para previr o contaxio. Para evitar situacións de risco, o Concello segue a recomendar que os veciños manteñan as franxas nos horarios de saídas para pasear e facer deporte en todas as parroquias, malia que se permite liberdade horaria naquelas de menos de 5.000 habitantes. O goberno local fai un chamamento á responsabilidade da veciñanza “para non botar por terra todo o esforzo feito durante os dous meses de confinamento”. Lembra que o virus “non desapereceu” e, malia non contar con datos oficiais do Sergas, teñen coñecemento de que existen casos activos de coronavirus en Redondela. Por iso advirten da necesidade de seguir mantendo a distancia de seguridade e extremar as medidas de hixiene.
Máscaras para o comercio local
A partir desta mesma tarde os voluntarios de Protección Civil serán os encargados de comezar o reparto de caixas de máscaras hixiénicas entre o comercio e a hostalaría do municipio. Desde o Concello explican que poñen este material a disposición dos traballdores e tamén dos clientes para que as compras poidan facerse de xeito seguro.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará