Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Banda de Chapela súmase a máis de 150 músicos para celebrar o 17 de Maio

RR_Noticias

A agrupación redondelá xunto ás bandas de Arca, Vilatuxe e Viveiro únense para homenaxear o Día das Letras Galgas cun programa concerto que se emitirá a través de Youtube o domingo ás 19.00 horas. Música e entrevistas para lembrar ao escritor ferrolán Carvalho Calero. O acto rematará coa interpretación do Hinmo Galego por máis de 171 músicos e as voces de Lucía Pérez, Najla Shami e Esperanza Mara ademais da Familia Vázquez TV interpretando en lingua de signos.

Máis de 170 músicos participarán neste programa concerto que están a preparar a Banda de Música de Chapela, Arca, Vilatuxe e “O Landro” de Viveiro para o Día das Letras Galegas. Iso si, será cada un dende a súa casa e por videoconferencia. Un programa concerto ao redor da figura do escritor coruñés homenaxeado este ano, o escritor e mestre ferrolán Ricardo Carvalho Calero, polo que pasarán os compositores Andrés Álvarez, Simón Couceiro, Carlos Rodríguez e Antón Alcalde así como a escritora e docente Inma López Silva. O acto rematará cunha “interpretación conxunta e confinada do Himno Galego”. Unha versión, que agardan, se converta na versión máis numerosa de todas as interpretacións publicadas durante estes meses de corentena. Un total de 171 músicas e músicos que farán soar os seus instrumentos dende a casa acompañados polas cantantes Lucía Pérez, Najla Shami e Esperanza Mara que lle porán voz ás verbas de Eduardo Pondal. A Familia Vázquez TV encargarase de interpretar o himno na lingua de signos.
O programa emitirase dende a canle de Youtube da Banda de Música de Arca o próximo domingo 17 de maio ás 19.00 horas.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará