Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.D.Chapela confía en poder salvar a Liga de traíñas

RR_Noticias

O presidente do club, Julio Prado, agarda que se non pode ser nas datas previstas, que a LGT se dispute no outono “pero que non se suspenda”. A competición de traiñeiriñas quedou definitivamente cancelada para esta temporada, pero a de bateis tamén podería recuperarse a partir de setembro logo de quedar interrumpida en marzo polo estado de Alarma.

Unha mágoa, segundo explica Prado, porque os rapaces e rapazas das categorías inferiores “estaban a facer unha gran campaña”. Agarda que, unha vez superada a crise sanitaria do coronavirus se retome a Liga de Bateis e así poidan ter a súa recompensa “despois destes meses tan duros”. As instalacións do C.R. Chapela levan pechadas desde o 13 de marzo, por mor da crise sanitaria da COVID-19. Os deportistas seguen adestrando pola súa conta, tamén os máis pequenos, coa axuda dos seus adestradores a través de videoconferencias. O material para adestrar, como os ergómetros, distribuírono entre os remeiros das categorías sénior para que puideran facer o traballo desde a casa. Agora que xa poden sair a facer deporte ao aire libre, o equipo técnico do club envíalles os adestramentos que deben facer a diario. Polo de agora aínda non saben cando poderán volver a adestrar en grupo, e agardan polo protocolo que está a elaborar a Federación Galega de Remo. Saben que saír ao mar na embarcación “vai se moi complicado, porque é imposible manter a distancia de seguridade de 2 metros nun batel ou unha traiñeira”, sinala Prado. Tampouco pode facer os test aos remeiros para detectar posibles contaxios polo COVID-19 como no fútbol “porque non hai capacidade económica para asumilo”. No C.R. Chapela ven moi difícil que a Liga Galega de Traiñeiras poida comezar o 27 de xuño, como estaba previsto, pero confían en que poida celebrarse “aínda que teremos que facer cambios a adaptar o calendario”. Os clubs galegos están dispostos a adiar a competición ata finais do verán ou outono “se hai garantías sanitarias para facelo”. Asegura Prado que “ilusión” non lles falta, e confían en que a competición non se suspenda.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará