Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 90% dos comercios de Redondela reabre as súas portas mentres a hostalaría retrasa a apertura

RR_Noticias

A Asociación de Empresarios confirma que nove de cada dez comercios de Redondela decidiu retomar o traballo no primeiro día da fase 1 que supón o inicio da desescalada. Non así a hostalaría que maioritariamente optou por manter o peche e que se prepara para a apertura segura nas vindeiras semanas. O obxectivo é acordar uns procedementos mínimos comúns (dixitalización de cartas e menús con lectura a través de códigos QR) que fagan da hostalaría de Redondela un espazo seguro.

Con moitas precaucións e adoptando diferentes medidas de hixiene e seguridade o 90% dos comercios de Redondela decidiron retomar a súa actividades este luns. Unhas xornadas nas que o clientes está a realizar as compras “de forma tranquila e máis reflexionada xa que a clientela ten claro o que desexa comprar”. Durante estes primeiros días da fase un, moitos comercios ofreceron máscaras de protección malia que, ante o importante sobrecusto que supón esta medida, solicitan aos clientes que acudan a realizar as compras coa súa propia máscara.
Dende a Asociación de Empresarios distribuíron cartelería co obxectivo de difundir un protocolo básico para a realización de compras no comercio local que consiste na hixienización de mas e a realización de compras con máscara, cuxo uso en espazos pechados “é unha medida que está a ser ben acollida xa que aseguran que os procesos de compra se realizan en entornos seguros”.
E mentres o comercio decidía abrir as súas portas, a hostalaría maioritariamente mantén o peche e prepárase para a apertura segura en vindeiras semanas. Previamente buscan acordar uns procedementos mínimos comúns que fagan da hostalaría de Redondela un espazo seguro.  A  espera  de  que as  autoridades sanitarias adianten normas básicas, os hostaleiros xa están traballando coa axuda da Asociación nos protocolos e noutros servizos como a dixitalización  de cartas e menús con lectura a través de códigos QR  accesibles dende o móbil de cada cliente cumprindo así o requisito de eliminación das cartas.
A través dunha reunión por videoconferencia, a directiva da asociación deu conta destas e outras iniciativas como as peticións e medidas trasladadas ao Concello a través da Mesa de   Reactivación económica. Así mesmo comunicouse aos asociados a reapertura de expedientes de subvención da Consellería de Economía, Emprego e Industria como as de innovación e  dixitalización que nun momento como o actual poden ser de gran apoio para o pequeno comercio.  Tamén da posta en marcha dun Market Place Local, creado para prover ás empresas locais de material de seguridade e prevención ante o COVID-19. Na primeira  semana de funcionamento atendeu os pedidos de máis de 100 empresas da  localidade. Esta plataforma de venta está dispoñible a través da web www.empresasredondela.gal.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará