Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Éxito de participación nos Maios confinados con máis de 30 propostas

RR_Noticias

O Colectivo Sinha Paca e a Concellería de Cultura valoran moi positivamente a participación veciñal na iniciativa posta en marcha días atrás co obxecto de celebrar os tradicionais Maios de Redondela aínda que fora adaptándose a situación particular que vivimos actualmente. A piques de pechar o prazo de presentación de propostas son unhas trinta as que concorren nas categorías de Maios tradicional ou artístico, coplas e interpretación. A partir das dez da mañá do venres publicaranse as fotos e vídeos destes maios no facebook da Concellería de Cultura e na páxina web do Concello. O voto dos internautas será o que determine as propostas gañadoras.

“Está a ser unha gran sorpresa a elevada resposta dos veciños e veciñas que se animaron a participar na iniciativa” explica o edil de Cultura, Daniel Boullosa, quen salienta especialmente a participación tamén dos colexios, nomeadamente dos centro Alexandre bóveda de Chapela e o CEIP de Reboreda.
Igual de entusiasmado amosábase Fon Conde dende Sinha Paca, colectivo de onde partiu a idea de celebrar estes “maios virtuais” e animar a cidadanía a celebrar a data dende as súas casas.
Unha iniciativa que contemplaba que os participantes elaboraran os seus maios confinados co material que tiveran por casa pero que tamén se viu favorecida logo de que se decretase esa relativa apertura no confinamento o pasado domingo coas saídas dos nenos, o que permitiu a moitos pasear nas proximidades dos seus domicilios e facerse con algo de pampullo ou fiuncho, materiais tradicionais nestas composicións vexetais.
Pero haberá que esperar ao venres para poder admirar estes traballos, xa que non será ata as dez da mañá cando se publiquen nas redes. Tamén a esa hora poderemos ler as coplas presentadas que, malia non deixar de lado a actualidade do coronavirus “teñen a habitual retranca destes textos, onde non se salva nin o goberno nin a oposición” asegura Boullosa.
Será o voto do público a través das redes o que determine os gañadores en cada unha da categorías, gañadores que recibirán como premio lotes de libros e entradas para o teatro.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará