Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Pazos pon en marcha un servizo de impresión e reparto de tarefas escolares

RR_Noticias

Existen dous xeitos de acollerse a esta iniciativa en función do centro escolar. Os estudantes do CPI Curros Enríquez deberán solicitalo a través do correo electrónico do centro: cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal. O resto de alumnos poden facer a petición na Concellería de Educación no número 676 593 266, ou na Omix, no teléfono 986 497 035.

A suspensión das clases pola pandemia do coronavirus provocou que mestres e alumnos tivesen que optar por diversas solucións para poder continuar co curso dende a casa. En moitos centros está a enviarse por correo electrónico as tarefas que deben de realizar os estudantes, pero en moitos casos as familias non dispoñen de equipamento para imprimir este material. Por este motivo, o Concello de Pazos de Borbén acaba de activar un servizo para facilitar a dicir tarefa a estes veciños mentres dure o confinamento. Despois dunha primeira xuntanza co colectivo escolar para organizar este servizo, decidiuse poñelo en marcha a partir da terceira avaliación. Hai dúas maneiras de acollerse a esta iniciativa en función do centro escolar. Os estudantes do CPI Curros Enríquez deberán solicitalo a través do correo electrónico do centro: cpi.curros.enriquez.pazos@edu.xunta.gal. Neste caso, a impresión das tarefas realizarase no propio centro escolar e o Concello proporcionará o material necesario como toners e papel. Para o resto de estudantes do municipio, tanto os da escola infantil da Galeriña como os alumnos matriculados en institutos de fóra do municipio, será o propio Concello o que atenderá as solicitudes e xestionará a impresión e repartición da documentación. As solicitudes deberán realizarse a través do teléfono da Concellería de Educación 676 593 266, ou da Omix, no número 986 497 035. Unha vez impresas, as tarefas de cada escolar serán repartidas periodicamente para que “na medida do posible todos os escolares poidan continuar co curso académico e ter á súa disposición todo o material necesario”, segundo indicou a edil de Educación Blanca Míguez. A concelleira explica que este servizo “é fundamental nestes momentos, e máis ao tratarse dun municipio 100% rural”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará