Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Soutomaior pon en marcha un servizo de voluntariado para axudar aos máis necesitados

RR_Noticias

Ante o gran número de persoas que ofreceron a súa axuda durante esta pandemia, o concello de Soutomaior decidiu crear un servizo de voluntariado que será xestionado por protección civil e dará apoio ás persoas máis vulnerables co reparto de alimentos e outras xestións básicas. Unha solidariedade que tamén amosaron os comercios, hostaleiros e distintas persoas a título individual que nestes días doaron material así como o seu traballo e esforzo.

Moitas foron as persoas que se ofreceron para axudar durante o confinamento o que levou ao concello de Soutomaior a pór en marcha un rexistro de voluntarios que será xestionado a través da agrupación de protección civil do municipio. Encargaranse de distribuír as tarefas a realizar dependendo das necesidades de cada momento e as posibilidades de cada voluntario. Realizaranse actividades de apoio específicas como o reparto de alimentos entre a persoas maiores, dependentes ou grupos en risco de exclusión social.
Esta foi unha das medidas que se decidiu na última sesión da comisión de seguimento da pandemia polo coronavirus onde tamén se recoñeceu o labor desinteresado feito por establecementos e persoas do municipio coa entrega de material de protección aos centros de saúde.
Así, fíxose un agradecemento público a Jacobo Martínez, da marisquería Arcade, por doar alimentos; a María Teresa Pérez por contribuír achegando luvas; ao Centro de Día Boas Apertas polo seu donativo de material sanitario e a Rosario Couñago, da tenda de roupa infantil Rapaces. Tamén as Costureiras de Arcade, e a Víctor López, da óptica Arcade Visión, polo seu donativo de máscaras.
O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, recoñeceu o “excelente comportamento que están a ter os veciños o que está a axudar a frear esta pandemia” e mandaba unha mesnaxe de ánimo porque “xa queda menos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará